Lili Berlin en Concierto
Karls y Berg

Lili Berlin (Galego)

Blanca Cendán, Carlos Ariel e Suso Alonso recuperan a linguaxe dos cabarets para os escenarios galegos. Fixo falla un pauto co demo, un tratado de inmortalidade, para que ela e os seus compañeiros, Karls e Berg, chegasen ás salas e ós teatros. Coma Fausto vendéronlle a súa alma ó diaño pero iso é só o comezo dunha aventura histórica e musical que comeza no século XIX e desemboca, estes días, nun dos espectáculos máis brillantes da escena alternativa galega. Blanca Cendán, Carlos Ariel e Suso Alonso son os actores e tecedores dun fío narrativo, sempre aberto e en contínua mudanza, que percorre a historia de Lili Berlín, unha diva extemporánea e algo louca, que é, tamén, testemuña privilexiada dos séculos nos que asenta a cultura e expresión contemporánea europea. Precisamente no corazón de Europa, —nese Berlín berce do cabaré no que Blanca Cendán traballou como actriz e cantante—, xurdiu este divertimento que, tralos dúos iniciais con Suso Alonso, pianista e compositor vigués de dilatada traxectoria no mundo teatral—, e a incorporación de Carlos Ariel, chelista, colaborador da Sinfónica de Londres, adquiriu o peso dun relato, un conto que a propia Lili lles relata ós seus espectadores. O banda sonora dese relato consiste, principalmente, no cabaré alemán dos anos trinta, as composicións de Kurt Weill ou Hans Eisler, con textos de Brecht, que iluminaron aquel Berlín, centro de operacións da arte e da expresión creativa de entreguerras. Da fonte inesgotable do cabaré bebe o espírito deste espectáculo, que medra na ironía, no humor, na militancia libertaria, na improvisación, na ambigüidade e na crítica política e social que fixo do xénero a arma de combate dos intelectuais alemáns fronte ó nazismo. Faino Blanca Cendán en alemán (tamén en inglés, español ou galego) co rexistro, —o de mezzosoprano—, que mellor lle acae ás cancións de Weill, situando á súa Lili no ronsel de divas coma a Dietrich ou Lotte Lenya, sobre un leito de arranxos musicais no que se albiscan as mans de Alonso e Ariel. Lili Berlin Cabaret avala súa traxectoria con mais de 200 representacións pola península Ibérica, Portugal, Andalucía, pasarela Gaudí de Barcelona, Canarias, e Galicia onde recentemente deron una mostra de exquisito cabaré ca colaboración de Druída Danza, durante a Gala de Premios de Teatro María Casares 2008, retransmitida pola TVG dende o Teatro Rosalía de Castro da capital Coruñesa.

© 2008 www.liliberlin.es  | info@liliberlin.es

El espectáculo
La Compañía
Repertorio
Actuaciones
Raider
Galeria Audiovisual
Contacto
Libro de visitas
Mapa del sitio


Usted es el
 
 
visitante